Lecer de Gamelle organiza de novo unha reunión polo domingo de Ramos
LugoXa | TerraChaXa
O obxectivo é reunirse despois da misa, que terá lugar ás 11.00 horas

12 Apr 2025
A veciñanza de Cirio está convocada este domingo, 13 de abril, a un aperitivo organizado pola asociación Lecer de Gamelle, que vén de cumprir tres anos de traballo e actividades para a veciñanza deste municipio de Pol.
O obxectivo é reunirse para un aperitivo despois da misa, que terá lugar ás 11.00 horas na igrexa parroquial.
Están invitados a participar tanto pequenos como maiores.