Lecer de Gamelle organiza un obradoiro de costura

Pol
TerraChaXa | LugoXa
O colectivo polense Lecer de Gamelle celebrará un Taller de Costura Básica na asociación.
taller de costura lecer de gamelle portada
3 May 2024

O colectivo polense Lecer de Gamelle celebrará un Taller de Costura Básica na asociación. Estará dividido en dúas tardes, nas que os asistentes aprenderán a facer arranxos esenciais para manter a roupa. Os participantes deberán levar a máquina de coser.

Será os días 7 e 8 de maio, entre as 17.00 e as 19.00 horas na Escola de Cirio.

"Non só aprenderás habilidades útiles, senón que tamén pasarás dúas tardes divertidas e enriquecedoras coa túa comunidade. Unha oportunidade perfecta para socializar e aprender xuntos nun ambiente amigable", explican desde a asociación.

A actividade ten un prezo de cinco euros para os socios de Lecer de Gamelle e o dobre para os que non son socios.

Para inscribirse hai poñerse en contacto con Benilde (622 038 375) ou Milagros (664 073 068).

0.15725493431091