Lembranza da Vila inicia en outubro unha serie de cursos
TerraChaXa
Baile e bordado son as especialidades ofertadas polo colectivo pontés

28 Sep 2025
A Asociación Cultural Lembranza da Vila das Pontes inicia este mes de outubro unha serie de cursos abertos á poboación.
Así, están previstos os de bordado e baile. As persoas interesadas poden anotarse no teléfono 649 973 158 no primeiro caso. Ademais haberá baile para adultos, as especialidades de caribeños e latinos, para os que o número de inscrición é o 609 976 679 ou o 679 865 020.