Leña Verde celebra o próximo sábado en Pol un magosto

Pol
LugoXa | TerraChaXa
Será a partir das 20.00 horas con degustación de callos e castañas e coa actuación de Xan Veiga
magosto-lena-verde-pol
9 Nov 2025

O colectivo Leña Verde de Pol convida a veciños e visitantes a desfrutar do Magosto que terá lugar o próximo 15 de novembro no caseto do polbo da Carballeira de Mosteiro. Esta tradicional festa promete unha combinación de boa gastronomía e entretemento para todas as idades.

A partir das 20:00 horas, os asistentes poderán degustar callos e castañas, acompañados de viño, cervexa ou refrescos. A cita continúa ás 22:00 horas cunha actuación humorística a cargo de Xan Veiga. Rematará a sesión cunha foliada aberta, na que poden participar os que queiran.

A celebración está organizada pola asociación cultural Leña Verde e conta coa colaboración da Deputación de Lugo, o Concello de Pol e outras entidades como Casa Quiroga HortoFruticola.

⚙ Configurar cookies
0.079114198684692