Leña Verde organiza un ano máis o Entroido de Pol

Pol
LugoXa | TerraChaXa
Será o martes 17 de febreiro a partir das 16.30 horas con actividades para público infantil e adulto
entroido-pol
11 Feb 2026

A asociación Leña Verde de Pol organizará a tradicional festa do Entroido para o martes 17 de febreiro a partir das 16.30 horas. A xornada terá actividades para público infantil e adulto e estas comezarán coa apertura da inscrición para o desfile de disfraces, con categorías individual e de parellas no local social de Leña Verde, que, como no resto de edicións, non terá fins competitivos xa que todos os participantes recibirán un obsequio.

Para a xente miúda haberá unha actuación de Paco Nogueiras co espectáculo Brinca Vai! despois do desfile, que está previsto para as 17.00 horas.

Para o desfrute do público adulto farase a tradicional ruta ao son dos cantos de taberna, que levaraos ata os bares e tabernas do termo municipal, pasando por Rioxoán, Andión, Luaces e Mosteiro, co acompañamento de dous grupos convidados, Os D'Aquí e Son Outeiro, ademais do anfitrión. Comezarán ás 18.30 horas o percorrido.

 

⚙ Configurar cookies
0.068083047866821