Liberty e Alcoa definen posicións mentres o Goberno anuncia o estatuto para outubro

TerraChaXa | LugoXa
Trala reunión celebrada da mesa multilateral con participación do Goberno, Xunta, Alcoa, Liberty House e os sindicatos.
Captura de pantalla 2019 05 28 a las 18.51.27
11 sep 2020

Trala reunión celebrada da mesa multilateral con participación do Goberno, Xunta, Alcoa, Liberty House e os sindicatos. As posturas entre ambas as empresas seguen igual de distantes, segundo o comité de empresa de Alcoa.

O comité de empresa expuso que ao seguir sen acordos e considerar que "Alcoa actúa de mala fe" de novo emprenderán accións de protesta máis contundentes.

Liberty presentou o día anterior ao comité de empresa o seu proxecto para continuar coa produción na fábrica o cal consiste en investir 1.000 millóns en tres plantas a fin de abaratar o custo da enerxía eléctrica. Ese plan está dotado cuns 1.000 millóns de euros e inclúe a construción dun parque eólico e un acordo de compra-venda de enerxía a longo prazo cunha instalación fotovoltaica.

Ademias, o Grupo Liberty garantiza a continuidade de todos traballadores e as mesmas condicións laborais.

ESTATUTO

Tras meses de atrasos, o Goberno puxo nova data para aprobar o estatuto para a industria electrointensiva, o paquete de medidas para abaratar os custos enerxéticos ás empresas que necesitan gran cantidade de electricidade.

O proxecto prevé bonificar nun 85 % os cargos da factura ás instalacións de alto consumo eléctrico, cun aforro conxunto duns 90 millóns para unhas 600 instalacións.

O secretario xeral de Industria e da Peme, Raúl Blanco, que compareceu na Comisión de Industria do Congreso, afirmou que espera que estea finalmente aprobado en outubro.

 

0.1566948890686