Licitada a dragaxe e a ampliación de prazas no porto de Burela

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
Portos de Galicia vén de sacar a licitación o servizo de redacción de proxectos para actuacións en medio centenar de peiraos autonómicos, entre as que se inclúen a dragaxe e ampliación de prazas na dársena de Burela.
DSC_0112
30 sep 2020

Portos de Galicia vén de sacar a licitación o servizo de redacción de proxectos para actuacións en medio centenar de peiraos autonómicos, entre as que se inclúen a dragaxe e ampliación de prazas na dársena de Burela. Así llo comunicou a presidenta do ente público, Susana Lenguas, ao alcalde do municipio lucense nunha reunión de traballo.

Susana Lenguas informou ao rexedor de que se trata dunha planificación de actuacións para os vindeiros exercicios e cuxa tramitación, no caso da dragaxe, é un procedemento de gran complexidade suxeito a unha extensa tramitación ambiental. En canto á ampliación de prazas, estará supeditada tamén á tramitación ambiental e á dragaxe previa da dársena. 

Durante o encontro ambas administracións acordaron asinar un convenio de colaboración para permitir ao Concello actuar sobre dúas rotondas no vial de acceso ao peirao, de titularidade portuaria, e iniciar os trámites para a dotación de fibra óptica á nave de Expomar de Burela. 

A presidenta de Portos de Galicia lembrou que estas actuacións se unirán ás que xa ten en execución o ente público no municipio, como o segundo martelo e a recentemente reparada cuberta da nave de Expomar. Finalmente, o organismo autonómico está a piques de rematar o proceso de licitación da obra de mellora da nave de redes. 

0.15391898155212