Licitadas as obras da estrada que une Baleira con Pol e Meira

TerraChaXa
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de publicar no portal de contratos públicos de Galicia a licitación das obras de mellora das estradas LU-710 e LU-750, dúas vías autonómicas que vertebran o municipio de Baleira.
21 May 2019

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de publicar no portal de contratos públicos de Galicia a licitación das obras de mellora das estradas LU-710 e LU-750, dúas vías autonómicas que vertebran o municipio de Baleira.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que o importe das actuacións é de 314.600 euros e que as empresas interesadas en concorrer á licitación teñen de prazo ata o 11 de xuño para presentar as súas ofertas. O prazo de execución das obras será de catro meses e a previsión é que estean rematadas este mesmo ano.

Na estrada LU-750, que conecta Baleira con Pol e Meira,  realizaranse reparacións puntuais ao longo de toda a estrada, de 23,8 quilómetros. Os traballos consistirán na realización de fresados localizados nos treitos nos que o firme se atope máis deteriorado e a reposición con mestura bituminosa a carril completo. Non obstante, nos case 400 metros de travesía urbana do Cádavo a actuación será completa e incluirá a extensión dunha nova capa de rodaxe en toda a lonxitude

Polo que respecta á estrada LU-710, que conecta coa autovía A-6, executaranse  reparacións dos puntos deteriorados  en preto de 12 quilómetros entre O Cádavo e o enlace coa A-6 en Baralla. Neste caso tamén se procederá á execución de fresados localizados e a reposición con mestura bituminosa a carril completo.

 


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.15104103088379