Licitadas as obras de mellora da marxe dereita da rúa Rego do Muíño das Pontes

TerraChaXa
O obxectivo deste proxecto é a renovación dos servizos urbanos de saneamento e alumeado así como a renovación do pavimento
rua-rego-do-muino-as-pontes
7 Apr 2025

A Xunta de Goberno local do Concello das Pontes aprobou o expediente de licitación das obras de mellora da beirarrúa e servizos na marxe dereita da Rúa Rego do Muíño, un proxecto cun orzamento de 179.465,80 €, procedentes da Deputación da Coruña.

O obxectivo deste proxecto é a renovación dos servizos urbanos de saneamento e alumeado así como a renovación do pavimento e, entre os traballos previstos, inclúese a demolición do pavimento actual de baldosas hidráulicas e colocación doutro de características similares ás das intervencións realizadas recentemente en rúas da contorna.

Por outra banda, para garantir a accesibilidade universal, tamén se proxecta a supresión daqueles elementos e cambios de nivel que supoñen unha barreira no desprazamento das persoas con problemas de mobilidade.

Así mesmo procederase á renovarase a rede de saneamento, desdobrándoa nun sistema de rede separativa de pluviais e residuais e mellorarase a rede de alumeado público, mediante a substitución do tendido existente por un sistema acorde coas actuais esixencias en materia de aforro enerxético. As obras rematarán con instalación de mobiliario urbano.

⚙ Configurar cookies
0.16352701187134