Licitadas as obras de reforma no IES Lois Peña Novo de Vilalba
Licitaronse as obras de reforma que acometerá no IES Lois Peña Novo de Vilalba, ás que se destinan 247.000 euros.
Os traballos incluirán a substitución da cuberta e das carpinterías exteriores e a reparación da fachada, conforme ás novas esixencias construtivas establecidas no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica de Galicia, dotado con 191 millóns de euros.
As actuacións levaranse a cabo nos edificios principal e secundario e permitirán reducir o consumo enerxético do centro ao mellorar as condicións de illamento. En concreto, substituirase a cuberta existente de lousa por outra de panel sándwich e cambiaranse as ventás que non foran renovadas nos últimos anos por unhas con dobre acristalamento e apertura oscilobatente, similares ás que se colocaron recentemente.
Tamén se mudarán os canlóns e baixantes por uns de aceiro galvanizado. Ademais, a fachada exterior do edificio principal dotarase dun novo sistema de revestimento tipo Capatect para mellorar o illamento térmico.
As empresas interesadas en presentar ofertas poden facelo ata o vindeiro 18 de maio, segundo explicou Arias. Tamén apuntou que o prazo estimado de execución dos traballos será de dous meses.
O IES Lois Peña Novo data do ano 1976 e consta de tres edificios: o principal, o secundario e o de talleres, froito dunha ampliación posterior e conectado co inmoble principal. En 2020 a Xunta instalou unha nova sala de caldeiras cun sistema de produción térmica de biomasa.
O novo proxecto favorecerá o aforro enerxético e económico e contribuirá a contar cun centro máis cómodo e seguro para acoller a actividade diaria que nel se desenvolve, en liña coas pautas marcadas no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica que o Goberno galego, un documento que nestes momentos se atopa en fase de diálogo con diversos colectivos para o seu enriquecemento.