Licitadas as obras de rehabilitación e reforma interior da Praza de Abastos ribadense

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Concello de Ribadeo vén de sacar a licitación as obras de rehabilitación e reforma interior da praza de abastos, que suporán un investimento de preto de 60.
Licitadas as obras de rehabilitación e reforma interior da Praza de Abastos ribadense
2 Oct 2020

O Concello de Ribadeo vén de sacar a licitación as obras de rehabilitación e reforma interior da praza de abastos, que suporán un investimento de preto de 60.000 euros (Ive incluído). O proxecto é financiado con fondos propios e cunha achega xestionada ante o Agader. As empresas interesadas dispoñen de 20 días para presentar as súas ofertas. 

As obras resolverán tanto as necesidades de funcionamento fundamentais para o desenvolvemento da actividade como os aspectos formais para adaptarse á normativa e permitir unha maior comodidade e confort tanto aos praceiros como á clientela en xeral.

O que se pretende é modernizar a imaxe da planta baixa da praza co obxecto de consolidar este espazo como referente na venda de produtos frescos e de calidade así como atraer máis clientes. Búscase facer da praza un espazo máis moderno e luminoso. Parte dos traballos que se van acometer están enfocados á mellora da eficiencia dos recursos enerxéticos e á mellora das condicións de accesibilidade, tamén dos aseos e dos servizos comunitarios deste edificio. 

Vaise renovar o pavimento, así coma os aseos para adecualos á normativa de accesibilidade; cambiarase a iluminación interior colocando novas luminarias LED; mellorarase a rede de saneamento e tamén a sinalización interior, de forma que permita identificar os establecementos existentes, a súa ubicación e outros servizos e información complementaria da praza”.

O prazo de execución das obras que se acometerán na praza de abastos será de 2 meses. 

Dende o Concello indicaron que “o prazo para presentar ofertas de acordo con esta licitación é de 20 días a contar desde o 1 de outubro. Toda a documentación está a disposición dos interesados na plataforma de contratos do Estado. A obra realizarase integramente no ano 2021, iniciarase no mes de xaneiro, despois das datas propias do Nadal, tamén de acordo cos praceiros para reducir os perxuizos económicos e doutro tipo nos próximos meses e propios deste tipo de obras”.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.16324806213379