Licitan as obras de mellora das pistas de Gueimonde e Fonmiñá na Pastoriza
Abriuse o procedemento de contratación das obras de mellora en pistas das parroquias de Gueimonde e Fonmiñá, na Pastoriza.
Trala sinatura do convenio co Deputación, o Concello está avanzando na tramitación do contrato co obxectivo de comezar canto antes cos traballos de pavimentación, que se centrarán nun acceso moi deteriorado a unha vivenda en Gueimonde e noutros dous treitos que dan servizo ás aldeas de Paraxes e Os Goritos.
As actuacións, financiadas a través de dito convenio interadministrativo, incluén a reposición do firme en cinco pistas e ramais, que suman máis de 2,5 quilómetros de lonxitude e que son de uso habitual por turismos e maquinaria. A renovación farase con capa de mezcla asfáltica en quente ou rego asfáltico, segundo as necesidades de cada tramo, e realizarse tamén unha limpeza das cunetas.
As obras suporán un investimento total de 135.819,94 euros distribuídas entre esta anualidade e a vindeira.
OUTRAS OBRAS
Por outra banda, da man da empresa Obras e Viales Bascuas comezaron tamén na Pastoriza os traballos para a renovación dos viais que comunican o núcleo urbano de Bretoña cos barrios de Currás e Maciñeiras.