Licitan obras de mellora nos colexios da Pastoriza

TerraChaXa
Iniciouse o proceso de licitación de obras en numerosos centros de ensino da provincia de Lugo, entre os que se atopan os dous da Pastoriza.
ceip a pastoriza o salvador
25 sep 2021

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade iniciou o proceso de licitación de obras en numerosos centros de ensino da provincia de Lugo, entre os que se atopan os dous centros de infantil e primeira da Pastoriza, O Salvador e o de Bretoña, nos que se farán obras de mellora e reforma das instalacións cun orzamento que de preto de 236.215,93 no primeiro caso e de 214.576,35 no segundo.

No CEIP O Salvador os traballos consistirán na substitución de portas e ventás, por unha carpintería de aluminio con rotura de ponte térmico e vidros de dobre acristalamento, baixo emisivos, acústicos e de seguridade e cámara de aire intermedia. A apertura será oscilobatente. Inclúese tamén a substitución das caixas de persianas e capialzados e substitución de baixantes en mal estado.

No orzamento figura o illamento de forxado horizontal de cuberta con lá mineral (e:10 cm) e a colocación de falso teito acústico en aulas, biblioteca, comedor e corredor de planta primera de placas de 60x60 cm, ademais de en aseos, almacenes e cociñas de placa vinílica normal con placas de 60x60 cm.

Completan o presuposto coa substitución de luminarias por equipos LED, con regulación lumínica e detectores de presenza, ademais do pintado de paramentos interiores sobre os que se actúa pola substitución de carpintería.

Finalmente faranse traballos de mellora de accesibilidade para acceder ao centro.

No de Bretoña os traballos faranse os mesmos traballos de substitucións de portas e ventás, así como de illamento de forxado da cuberta, mellora de luminarias e colocación de falto teito nas mesmas estancias.

Tamén se fará a substitución de carpintería interior (portas de paso) e o pintado de paramentos interiores sobre os que se actúa pola substitución de carpintería.

Finalmente inclúese a creación dunha zona cortaventos e se mellorará a accesibilidade.

O prazo de execución destes traballos é de dous meses nos dous casos e o período para que as empresas presenten as súas ofertas aínda estará aberto ata o 4 de outubro, polo que as obras é probable que empecen antes de que finalice o ano.

ceip bretona pastoriza
0.18765497207642