Limpan dende hoxe as marxes da estrada entre O Vicedo e Viveiro

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
A Xunta continuará esta semana cos traballos de roza e limpeza nas marxes de distintas estradas autonómicas da provincia de Lugo .
62242728_882835285387405_4031624511571886080_n
14 sep 2020

A Xunta continuará esta semana cos traballos de roza e limpeza nas marxes de distintas estradas autonómicas da provincia de Lugo .

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través da empresa pública Seaga, está a realizar estas tarefas de acondicionamento nas franxas de dominio público de máis de 30 vías autonómicas das catro provincias para previr lumes e reforzar a seguridade viaria.

Estas obras están a levarse a cabo na vía de alta capacidade CG 2.2, en Lugo e no Corgo; na estrada LU-862, entre O Vicedo e Viveiro, así como na autovía AG-64, entre Vilalba e Xermade.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través da empresa pública Seaga, vén realizando desde maio o acondicionamento nas franxas de dominio público en máis de 30 vías autonómicas das catro provincias, para previr lumes e reforzar a seguridade viaria.

As tarefas céntranse na retirada de especies pirófilas, aquelas que son máis propensas á propagación do lume, coa fin de previr incendios forestais.
Tamén se acometen rozas para completar o traballo ordinario de conservación das estradas e reducir progresivamente o uso de herbicidas, dando cumprimento a un acordo parlamentario.

Ademais, realízase o acondicionamento de zonas verdes e sendas peonís, para que estean en condicións axeitadas, pensando no incremento de uso que experimentan nesta época estival.

As intervencións teñen como obxectivos potenciar o efecto cortalumes das estradas; aumentar a seguridade viaria, cunha maior visibilidade; e fomentar unha mobilidade máis segura e sustentable mediante as sendas e zonas verdes para o tránsito peonil.

0.10690116882324