Limpan tres ríos ao seu paso polo concello das Pontes

TerraChaXa
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, está a desenvolver traballos de conservación e limpeza nos treitos interurbanos dos ríos Brixeo, Eume e Chamoselo, no municipio das Pontes de García Rodríguez.
childrens_books_books_reading_cup_drink_education_read_school 533657
21 sep 2020

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, está a desenvolver traballos de conservación e limpeza nos treitos interurbanos dos ríos Brixeo, Eume e Chamoselo, no municipio das Pontes de García Rodríguez.

Os traballos execútanse en distintos tramos interurbanos destes ríos, ao longo duns 5,6 quilómetros de lonxitude, coincidindo co seu percorrido por distintos lugares das parroquias de Vilavella (Santa María), As Pontes de García Rodríguez (Santa María) e O Aparral (Santa María).

As tarefas forman parte das intervencións de mantemento que leva a cabo Augas de Galicia nas áreas con risco potencial significativo de inundación (ARPSI).

As actuacións céntranse na retirada de árbores e pólas caídas na canle, así como madeira morta. Inclúese tamén a roza selectiva e limitada ao ancho da canle, en tramos ocultos pola maleza. Unha vez finalizadas estas actuacións, os ríos quedarán despexados de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.

Estas accións enmárcanse no programa de mantemento, conservación e mellora que realiza Augas de Galicia no dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa, no ámbito territorial da zona Galicia-norte.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade mantén activas as actuacións para a mellora dos leitos fluviais e para favorecer as condicións naturais do ecosistema dos ríos.

0.16531610488892