A Romaxe Artesá da Chaira de Muras dará comezo este sábado

TerraChaXa
O sábado 26 de maio vaise celebrar no concello de Muras a III Romaxe Artesá da Chaira, unha festa na que se busca a reivindicación dos oficios tradicionais e sobre todo a dinamización do medio rural como lugar de creación de vida.
romaxemuras_protada
24 May 2018

O sábado 26 de maio vaise celebrar no concello de Muras a III Romaxe Artesá da Chaira, unha festa na que se busca a reivindicación dos oficios tradicionais e sobre todo a dinamización do medio rural como lugar de creación de vida.

"Dende o concello creemos que o máis importante é poñer en valor o rural e o traballo que se leva a cabo nel, como unha forma de vida e polo tanto a romaxe constitúe unha maneira de darlle visibilidade a través das mostras de oficios artesanais, obradoiros para pequenos e maiores, baile tradicional, os xogos tradicionais e as charlas sobre proxectos de desenvolvemento sostible que sirvan como exemplos para futuras e futuros creadores a través da súa experiencia emprendedora", explica o alcalde do concello, Manuel Requeijo.

A xornada comezará ás 10.00 cunha mostra de oficios e postos de artesanía: cantería, instrumentos musicais, cestería, complementos de moda. Calceta, madeira, ferreiros e zoqueiros.

As charlas sobre proxectos de desenvolvemento rural terán a súa representación con Muuhlloa, cosmética 100% galega realizada con produtos ecolóxicos. Empresa que surxe da sinerxía da Granxa Maruxa e Milhulloa, ambas enraizadas na Ulloa. Está composta por cinco mulleres que apostan pola viabilidade económica do rural galego, dándolle o valor merecido aos produtos autóctonos. E por outro lado, teremos con nós, as Lolas da Cascarilla, tres artesás de San Sadurniño que fabrican bonecas a partir das follas do mainzo, recuperando así una antiga tradición ligada a exfola do mainzo.

As nenas e nenos son moi importantes na Romaxe e por tanto haberá varios obradoiros: confección de instrumentos musicais, tecido tradicional e de punto, elaboración de complementos e creación de xoguetes. E ademais poderán desfrutar coa actuación do Teatro dos Títeres por parte do grupo Alakrán.

Xotramu animará a tarde cos xogos populares para adultos e pequenos.

Tamén haberá un certame de baile tradicional onde se poderá desfrutar dos bailes amenizados por Axouxere de Roupar e CeOrquestra Pantasma. E contarase cunha exposición do traxe típico galego, unha exposición do curso de manualidades de Muras e a exposición sobre os inicios de Ferroplast en Muras.

Este día de festa poderase disfrutar da boa comida e bebida de: Galipizza, Cerveza O Xistral, Cerveza Domenicus, AUTGA do restaurante Andarubel, Foodtruck, no cal dar cabida as razas que engloban a Boaga (Federación galega de razas autóctonas) y Asoporcel (Asociación de criadores de raza Porco Celta). Todas elas elaboradas xunto con produtos agroalimentarios de proximidade. E por suposto haberá pulpeira e filloeira.

"As exposicións levarannos a viaxar na nosa memoria e recordar as tradicións que había antes na zona, os traxes tradicionais terán o seu oco, así como o nacemento da empresa Ferroplast, que contará cunha exposición onde se narrarán os orixes artesanais desta empresa", engade. E por suposto, tamén contarán cunha mostra dos traballos realizados no obradoiro de manualidades de Muras.

E para pechar o día contarán coas actuacións musicais de Davide Salvado e Sonoro Maxín. Desta forma festiva, porase punto e final á terceira edición desta romaxe, que empeza a consolidarse na comarca como unha cita para os amantes das artes tradicionais e do rural.

DESCARGAR PROGRAMA

romaxe_muras

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17540097236633