Llano pide que rectifiquen as acusacións que se fixeron relativas ao traballo en Torrentes

TerraChaXa | AMariñaXa
Llano pide que rectifiquen as acusacións que se fixeron relativas ao traballo en Torrentes. Unhas as acusacións “serias e graves”
19 Nov 2020

O alcalde, Alfredo Llano, pídelle ao portavoz do PP que rectifique as acusacións “serias e graves” que fixo relativas ao traballo realizado en Torrentes.

O rexedor dixo que “as declaracións do Sr. Rouco son moi serias e graves e pídolle que rectifique. Acúsanos de ter feito unha ilegalidade en Torrentes e iso non é certo. Aquí o único que se cuestionaba era quen ía financiar as obras complementarias realizadas, si tiña que ser a Unidade de Actuación ou o Concello por seren consideradas de interese xeral. Non había nada máis nun asunto que se dilucidou no xulgado”.

Alfredo Llano indicou que “todas as decisións que se tomaron para a realización desas obras complementarias contaban, evidentemente, cos informes técnicos municipais correspondentes. Nada ilegal naquel momento e nada ilegal agora tampouco. Iso que quede moi claro”.

0.16810989379883