Loentia está de festa a fin de semana

LugoXa | TerraChaXa
O venres 31 terá lugar a primeira verbena coa orquestra Solara
festas-loentia-castro
Cartel das festas
27 Maio 2024

En Loentia terá tres días de festa esta fin de semana na honra a San Antón e San Esteban. O venres 31 terá lugar a primeira verbena coa orquestra Solara despois da churrascada coa que se inician as celebracións, ás 22.00 horas.

O sábado terán misa ás 13.00 horas e sesión coa orquestra La Travesía, que repetirá pola noite xunto Grupo Beatriz.

O domingo, despois da misa das 13.30 horas a sesión vermú estará ao cargo do grupo Paréntesis, co que se dará por rematada a festa.

A organización lembra que haberá carpa no campo da festa para protexer das inclemencias do tempo.

0.082602024078369