Loitadores da base de Vilalba, campións de liga da zona norte

TerraChaXa
Deportistas do Club Loitas Olímpicas de Vilalba particparon na xornada Norte da Liga de Deporte base, na que acadaron o primeiro posto.
Foto equipo loita vilalbesa de base
29 Mar 2023

Deportistas do Club Loitas Olímpicas de Vilalba participaron na xornada Norte da Liga de Deporte base, na que acadaron o primeiro posto de entre 7 equipos das provincias de Ourense, Coruña, Lugo e o da Federación Asturiana.

En total máis de 200 nenas e nenos entre 6 e 12 anos fixeron disfrutar ás nais e pais do que levan aprendido durante esta tempada nunha xornada de preto de 3 horas, na que puidemos ver dende o esforzo das e dos recén iniciados aos despuntes de talento dos e das que xa levan anos facendo deporte. Este é un dos aspectos máis característicos destas xornadas que cada vez teñen máis participantes, e é que están adaptadas para que calquera neno ou nena independentemente do seu nivel poda participar no que o carácter competitivo queda nun segundo plano.

Nesta primeira xornada o equipo vilalbés alzouse co primeiro posto ao acadar 174 puntos seguido do Ayude de Santiso e do Keltoi de Vila de Cruces con 127 e 125 puntos respectivamente.

Con este primeiro posto o equipo de Vilalba, que estivo composto por parte dos deportistas da Escola Municipal de Loita de Vilalba e unha pequena representación de deportistas de Escola Municipal de Xermade, clasificouse para a Final A da Liga de Deporte Base na que poderán medirse cos compañeiros mellor clasificados na Xornada Sur.

0.19638705253601