Lorenzo Gómez Dorado encabeza a candidatura á alcaldía de Alfoz polo BNG

TerraChaXa | AMariñaXa
23 Abr 2019

O Bloque Nacionalista Galego presenta a candidatura á alcaldía  en Alfoz. Estará encabezada por Lorenzo Gómez Dorado, de 31 anos, traballador forestal, da parroquia de Carballido.

Unha candidatura para volver a entrar con forza na corporación municipal de Alfoz

O BNG tén como obxectivo volver a entrar con forza na corporación municipal de Alfoz e  vai traballar para que este concello se goberne pensando nas necesidades das persoas e na mellora dos servizos, para o que é necesario darlle voz e participación a todos os veciñ@s, @s colectivos e ás parroquias. Así o expuxo o candidato Lorenzo Gómez, quen tamén afirmou que “é necesario apostar polo noso potencial agrario e tamén polo forestal, dúas fontes de riqueza moi importantes no noso concello, ademais das moitas  posibilidades que temos a nivel turístico”

Desenvolver todas as potencialidades de Alfoz

“Para nós é moi importante a implicación da xente nova en todos estes proxectos, creemos que temos moitas posibilidades de frear a sangría demográfica de Alfoz, e para eso desde o concello impulsaremos todas aquelas iniciativas locais que contribúan ao desenvolvemento da actividade económica neste concello” concluíu o candidato.

O BNG en Alfoz continúa traballando na confección do programa de goberno e que darán a coñecer próximamente, un programa que recollerá tamén moitas demandas veciñais.

A candidatura confórmana as seguintes persoas

1.- Lorenzo Gómez Dorado

2.- Paula Ferreiro Pena

3.- Diego Lorenzo da Conceiçao

4.- Aladino Barreira Chao

5.- Ana Vanessa Dorado Castro

6.- Xosé Anxo Fernández López

7.-Jaime  Díaz Maseda

8.- María Celia Fraga Goás

9.- Enrique Salvador Fraga Calvo

0.15986299514771