Lourenzá acolle o Outono Cultural

TerraChaXa | AMariñaXa
O Concello de Lourenzá acolle o Outono Cultural organizado pola Asociación Patrimonio Laurentino e que serán os sábados 7 ao 28 de novembro.
25042020_Sanchez3
3 Nov 2020

O Concello de Lourenzá acolle o Outono Cultural organizado pola Asociación Patrimonio Laurentino e que serán os sábados 7 ao 28 de novembro.

Así, comezará o día 7 ás 18 horas no edificio do Concello coa presentación do libro O bispado de Mondoñedo na Idade Media, de Carlos Rodríguez.

O sábado 14 ás 19 horas será a quenda de Memoria de mariñáns, de Martín Fernández Vizoso, o seguinte sábado ás 20 horas presentarase o libro No interior do abandono de Carlos Lorenzo e Baldo Ramos, e xa por último, o sábado 28 o xuíz José Antonio Vázque Taín presentarña o seu libro Más allá y más arriba.

Estas presentacións, á excepción da primeira, serán no Pazo de Tovar.

94133160_2848974481824300_7321937702213910528_n
0.20092487335205