Lourenzá convoca un concurso para elixir o cartel anunciador da XXX Festa da Faba

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
A xunta de goberno do Concello de Lourenzá vén de aprobar as bases do concurso para elixir o cartel anunciador da XXX Festa da Faba, que se celebrará do 2 ao 4 de outubro deste ano.
4 Feb 2020

A xunta de goberno do Concello de Lourenzá vén de aprobar as bases do concurso para elixir o cartel anunciador da XXX Festa da Faba, que se celebrará do 2 ao 4 de outubro deste ano.

O concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron, explica que no certame “poderán participar todas aquelas persoas maiores de idade que o desexen, tendo de prazo para presentar as propostas ata o 30 de xuño. O concurso está dotado cun premio de 350 euros e trofeo. As bases da convocatoria están publicadas na web e no facebook do Concello de Lourenzá”.

0.14072394371033