Lourenzá está a mellorar preto de 4 quilómetros do firme da estrada

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
8 Mar 2020

O Concello de Lourenzá está a mellorar preto de 4 quilómetros do firme da estrada que vai dende Castiñeiras Verdes ás Pantigueiras.

Esta obra foi posible gracias ao Plan Unico da Deputación de Lugo do 2019 e supón un presuposto total de 150.749 euros.

Esta vía une a parroquia de Santo Tomé coa de San Adriano e por ela pasan diariamente moitos veciños do municipio. Seguen traballando na mellora das infraestucturas do rural para mellorar a calidade de vida dos veciños.

0.14623212814331