Lourenzá invita ás actividades programadas hoxe polo día do cancro de mama

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
16 Out 2019

O Concello de Lourenzá, por medio da Delegación de Servizos Sociais, organiza este mércores, día 16, actividades con motivo do Día Mundial Contra o Cancro de Mama, que se conmemora o 19 deste mes. A fachada da Casa do Concello está iluminada de cor rosa desde onte á noite.

Hoxe ás 17.00 horas haberá unha xuntanza no Torreón para despois facer un gran lazo rosa con plantas solidarias nun lugar emblemático de Lourenzá. Ás 17.45 horas terá lugar unha charla sobre apoio psicosocial a pacientes con cancro, que será impartida pola traballadora social Estefanía Corcoba Blanco. E as actividades rematarán ás 18.30 horas cunha merenda solidaria na que haberá mantecadas e chocolate.

Os donativos que se recollan serán entregados á Asociación Española Contra o Cancro.

Nestas actividades organizadas pola Concellería de Servizos Sociais colabora Pastelería Cabaleiros.

0.089555978775024