Lourenzá organiza en decembro a I Proba de Orientación
TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
1 Dec 2019
O Concello de Lourenzá organiza para o 22 de decembro a I Proba de Orientación do Concello de Lourenzá.
Esta proba fomenta a orientación, e está destinada a dar a coñecer as carreiras de orientación a pé na franxa norte da provincia de Lugo.
Devantida actividade terá lugar ás 10.30 horas desde o campo da feira, e terá 3 percorridos, iniciación curta para nenos, iniciación longa para adultos e avanzado adestramento federados.
Esta organizada polo Club Atletismo Lourenzá e o Club Fluvial de Lugo.