Lourenzá pedirá a intermediación do Ministerio de Cultura para lograr a cesión de parte do mosteiro de San Salvador
TerraChaXa | AMariñaXa
27 Xuño 2019
O responsable do departamento de cultura laurentino, Manuel Arango, agarda que pronto se revele quen será o novo ministro de Cultura para poder instarlle a que negocie co Obispado de Mondoñedo e Ferrol. A finalidade sería a de cederlle ao Concello de Lourenzá unha parte do mosteiro de San Salvador para poder utilizar con fins públicos unha porción deste reseñable elemento patrimonial. O lugar podería albergar por exemplo un auditorio o un albergue, entre as diferentes posibilidades que se abren.
O goberno socialista laurentino leva tempo fraguando esta idea e mesmo tentando negociar co Obispado pero as xestións realizadas ata o momento lles indican que o mellor camiño para conseguilo é a través do ministro de Cultura.