Lousada acolle unha xornada sobre envellecemento dentro do programa Xunt@s
TerraChaXa
O programa Xunt@s continúa no concello de Xermade.
3 Mar 2024
O programa Xunt@s continúa no concello de Xermade. Trátase dunha iniciativa impulsada pola Deputación de Lugo que, da man dos municipios da provincia, busca contribuír ao envellecemento activo no rural a través de actividades gratuítas de lecer e formación.
Nesta ocasión será unha charla sobre envellecemento activo, que terá lugar o venres 8 de marzo, ás 16.00 horas, no local social da asociación de veciños Porvenir de Lousada de Arriba.
Son xornadas dirixidas a toda a poboación maior de idade.