Lousada de Abaixo celebra as súas festas en abril

TerraChaXa
Contarán coa música de Galaxia, Los Satélites, Máster, Capitol e Los Adrianos
festas lousada de abaixo
17 Mar 2025

A parroquia de Lousada de Abaixo, en Xermade, xa ultima os preparativos para celebrar as súas tradicionais festas na honra á Virxe das Dores e ao Santo Cristo, que terán lugar os días 26 e 27 de abril de 2025.

A programación festiva arrincará o sábado 26 de abril, cunha misa solemne ás 13:30 horas, seguida da procesión e da sesión vermú, que estará amenizada pola Orquestra Galaxia. Pola noite, a festa continuará cunha gran verbena a cargo das orquestras Galaxia e Los Satélites, garantindo unha noite chea de música e diversión.

O domingo 27 de abril, repetirase o programa relixioso con misa solemne, procesión e sesión vermú, nesta ocasión amenizada polo grupo Máster. Ao rematar as festas, haberá xogos no campo cuberto con carpa e aparcamento gratuíto para todos os asistentes.

Ademais, xa se anuncian as Festas de Lousada de Arriba, que terán lugar os días 7 e 8 de xuño, con animación musical a cargo das orquestras Capitol e Los Adrianos.

A organización das festas corre a cargo da Comunidade de Montes de Lousada, coa colaboración do Concello de Xermade.

⚙ Configurar cookies
0.55689096450806