Lousada de Abaixo celebra as súas festas esta fin de semana

TerraChaXa
Lousada de Abaixo celebra as súas festas este sábado 29 e domingo 30 de abril con dúas xornadas cheas de música e celebración
Festas Lousada portada
25 Abr 2023

Lousada de Abaixo celebra as súas festas este sábado 29 e domingo 30 de abril. 

As celebracións darán comezo o sábado ás 13.30 cunha misa solemne e procesión para continuar cunha sesión vermú a cargo da orquestra Los Españoles. 

A verbena da noite volverá contar coa actuación da orquestra Los Españoles e tamén co dúa La hora Bruja. 

O domingo a misa con procesión será tamén ás 13.30 e para rematar unha sesión vermú amenizada polo grupo Alma Latina. 

Dende a organización informan que o campo da festa estará cuberto cunha carpa. 

Festas Lousada
0.087373018264771