Lousada de Arriba celebra esta fin de semana as súas festas

TerraChaXa
Contará coa música de D'Nika, Los Satélites e Kalima 3.0
festas-en-lousada-de-arriba
Cartel
7 Xuño 2024

Lousada de Arriba, en Xermade, festexa a San Andrés e San Xoán esta fin de semana comezando o sábado 8 cunha misa ás 13.30 horas con procesión e sesión vermú, que estará a cargo do trío D'Nika. Esta mesma amenizará a verbena, na que tamén estará a orquestra Los Satélites.

O domingo, repetirase o oficio relixioso para deixar paso á música do grupo Kalima 3.0 en sesión vermú, que porá o punto e final ás celebracións.

A organización, a Comunidade de Montes de Lousada, lembra que o campo da festa estará cuberto con carpa. Ademais, o 17 de agosto, celebrarase a Romaría do Goia.

0.1816840171814