Luci e Peque, internacionais do Burela FS xa se preparan para o Torneo de Moscova
TerraChaXa | AMariñaXa
As internacionais Luci e Peque xa forman parte da concentración da Selección Española de Fútbol Sala, que ultima dende onte a preparación para o Torneo Internacional do 9 de Maio de Moscova (6-9 de maio) na Cidade do Fútbol de Las Rozas.
3 Maio 2019

O domingo, a Vermella porá rumbo á cita na que tamén participará outra burelista, Jenny, con Portugal, xunto aos combinados de Rusia e Irán. A lusa incorporarase á súa expedición mañá en Lisboa.