Ludrio comeza as súas festas o sábado

LugoXa | TerraChaXa
As festas patronais de Ludrio ofrecerán misas, música en directo, DJ, actividades e sorteos durante o fin de semana do 16 e 17 de agosto
festas-en-ludrio
15 Aug 2025

A parroquia de Ludrio en Castro de Rei celebra a fin de semana do 16 e 17 de agosto as súas festas patronais na honra a Santa María.

O sábado día 16 a xornada dará comezo cunha misa solemne con procesión ás 13.15 horas para continuar cunha sesión vermú a cargo da orquestra Fuego e a charanga Louband.

Xa pola noite, a partir das 23.00, será de novo a orquestra Fuegio a encargada de amenizar a noite na que tamén estará a actuación do DJ Casanova.

O domingo, a sesión relixiosa será á mesma hora e, seguidamente, darase entrada a unha festa amenizada polo grupo Punto Clave.

A maiores, haberá un touro mecánico, un sorteo dun tirador de cervexa e dun menú degustación de produtos de raza autóctona (con opcións sen gluten).

⚙ Configurar cookies
0.16158604621887