Lugo abre o venres o ciclo de concertos 'Na casa deles' sobre poetas da provincia

TerraChaXa | LugoXa | RibeiraSacraXa | AMariñaXa
Datas 27 de outubro.
presentacion poetas na casa deles concertos
26 Out 2023

Datas

  • 27 de outubro.
    Salón de Actos Pazo de San Marcos. 20.30 horas.
  • 28 de outubro
    Casa Museo Uxío Novoneyra. Parada do Courel.
  • 28 de outubro
    Centro Sociocultural de Monterroso
  • 18 de novembro
    Casa Museo Manuel María. Outeiro de Rei
  • 22 de decembro
    Auditorio de Mondoñedo.

A deputada de Cultura Iria Castro presentou o ciclo de concertos Na casa deles..., no que o cuarteto vocal Son de Corda interpretará un repertorio de cancións sobre poemas de seis escritores lucenses nas súas localidades natais ou de referencia.

Poemas de Manuel María, Álvaro Cunqueiro, Uxío Novoneyra, Lorenzo Varela, Luis Pimentel e Darío Xohan Cabana conforman o repertorio destes concertos financiados pola área de Cultura da Deputación que se celebrarán en Lugo, Parada do Courel, Monterroso, Outeiro de Rei e Mondoñedo nas vindeiras semanas.

O cuarteto Son de Corda está formado por Esperanza Iglesias (soprano), Carmen Prendes (contralto), Fernando G. Jácome (tenor) e Antón Castro (baixo), que interpretarán composicións musicais de autores recoñecidos na nosa música como Paz Valverde, Xoán Fuertes, Miguel Lustres, Luis Emilio Batallán e Javier G. Jácome, con arranxos para piano de Alberto Vilas, Paulo Borges, Ana Vázquez e Nani García.

Os concertos forman parte do proxecto “Na casa deles..”, que conta coa colaboración da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) e que incluíu tamén a gravación de curtas sobre cada un dos autores. As pezas audiovisuais proxectaranse durante as actuacións. O proxecto terá continuidade o vindeiro ano con Na casa delas, con cancións de mulleres poetas luguesas.

3.6780021190643