Lugo e As Pontes acollen hoxe contacontos sobre galegas referentes

TerraChaXa | LugoXa
O CEIP de Casás de Lugo, e o CEIP Plurilingüe de A Magdalena das Pontes acollen hoxe novas sesións de contacontos sobre galegas referentes
maruja mallo angeles alvarino
26 Apr 2022

O CEIP Casás de Lugo e o CEIP Plurilingüe de A Magdalena de As Pontes acollen hoxe dúas novas sesións  de contacontos ilustrados organizadas pola Xunta, a través da Consellería de Emprego e Igualdade, sobre as figuras da artista Maruxa Mallo e da oceanógrafa Ángeles Alvariño.

A actividade diríxese ao alumnado de educación infantil e primaria, co obxectivo de que coñezan e recoñezan figuras de mulleres que tiveron un papel relevante no desenvolvemento da sociedade galega contemporánea para achegarse a súa contribución aos eidos da cultural, social, científico, artístico e político.

No caso do centro lugués, a actividade se celebrará ás 11.00 horas neste recinto e someterá a repaso a traxectoria de Maruxa Mallo. O centro das Pontes acollerá a sesión ás 13.30 horas que, neste caso, se centrará na figura de Ángeles Alvariño.

A idea deste programa é que as nenas e nenos poidan participar activamente, contestando preguntas sobre as protagonistas, mentres asisten ao relato das súas vivencias.

Os contacontos, promovidos pola Secretaría Xeral da Igualdade, insírense no programa Donas de si co que o Goberno galego traballa con 65 centros escolares no eido da igualdade. Diríxese ao alumnado de menor idade, das etapas de infantil e primaria; 35 escolas que imparten estes ciclos participan nas sesións.

A escolma de mulleres protagonistas dos contacontos parte da publicación da colección Mulleres Galegas promovida pola Xunta e integrada por cinco biografías: a da mestra e pedagoga Ernestina Otero; a da oceanógrafa, Ángeles Alvariño; a da artista Maruja Mallo; a da editora María Victoria Moreno; e a da mestra e inventora, Ángeles Ruiz Robles. Trátase de libros de pequeno formato nos que xa traballan os centros e que ademais da traxectoria vital das protagonistas inclúen actividades para traballar na aula.

0.15291905403137