Lugo e Rábade acollerán a III Xornada Galega de Custodia do Territorio

LugoXa | TerraChaXa
Será o 1 de xuño pola mañá no salón de actos da Deputación e, pola tarde, na Casa das Insuas
reserva-biosfera-paseo-mino
Unha vista da zona de protección Reserva da Biosfera no Río Miño
27 Maio 2024

A III Xornada Galega de Custodia do Territorio celebrarase en Lugo o 1 de xuño do 2024, incluíndose dentro do acordo de custodia do territorio asinado entre a AGCT e a Deputación de Lugo para a conservación, investigación e divulgación da natureza nas Insuas do Miño e Ollos de Begonte e na Reserva da Biosfera de Terras do Miño.

A xornada Galega de Custodia do Territorio é un punto de encontro entre as entidades que traballan en custodia do territorio en Galicia, así como un foro aberto a outros axentes sociais e económicos vinculados dunha ou outra forma a esta estratexia de conservación.

As inscricións poden realizarse neste enlace e obter máis información en custodiadoterritorio@gmail.com ou no 630-94.82.93 (teléfono ou WhatsApp).

A sesión de mañá desenvolverase no salón de actos do Pazo de San Marcos da Deputación de Lugo a partir das 10.00 horas. Durante a mañá tratarán sobre os avances a nivel estatal de interese para a CdT en Galicia e o acordo de CdT para a xestión das Insuas do Miño e Ollos de Begonte.

Despois da pausa farase un mapeo de iniciativas galegas de CdT: Que aporta o teu proxecto? Que tipo de acordo tes? Con quen traballas? Que superficie abarcas? Cales son os teus obxectivos de conservación?.

A sesión de tarde fase na Casa das Insuas de Rábade, onde comezarán cun xantar de traballo ás 14.00 horas. Despois do café e da presentación doutras entidades, terá lugar o Bloque III do programa para falar da Rede Galega. Liñas de traballo en común. Rematarán a xornada cun paseo polas Insuas do Miño.

0.20315313339233