Luis Torrente expón na Casa Dopeso a mostra 'As Pontes é un pobo eléctrico'

TerraChaXa
A exposición poderá visitarse de luns a venres en horario de 09:00 a 14:30 horas
exposicion-as-pontes-electrico
6 Jul 2025

A Casa Dopeso acolle ata o 24 de xullo de 2025, a exposición de debuxos do artista Luis Torrente titulada As Pontes é un pobo eléctrico. Esta mostra forma parte da programación cultural de xuño impulsada polo Concello das Pontes, e ofrece unha visión artística e persoal da vila a través da mirada do debuxante.

A exposición poderá visitarse de luns a venres en horario de 09:00 a 14:30 horas. Para asistir en sábado, recoméndase consultar previamente chamando ao teléfono 981 44 03 44. A proposta busca poñer en valor a identidade local mediante a expresión plástica, converténdose nun punto de encontro entre a cultura, a historia e a creatividade contemporánea.

⚙ Configurar cookies
0.17460107803345