Luis Zahera e Palo Campilla presentan nas Pontes 'Aún + chungo'
TerraChaXa
A función será o venres 9 de maio, ás 20:30 horas, no Auditorio Municipal Cine Alovi

10 Apr 2025
O humor da personaxe máis chunga da televisión, Luis Zahera, e a gracia doméstica dunha nai con tres fillos, Palo Capilla, chega ás Pontes co show de comedia Aún + chungo.
Trátase dun espectáculo cargado de humor acedo e cheo de anécdotas tanto persoais como profesionais. Un conxunto de situacións disparatadas nas que ambos aproveitan para poñerse en ridículo a eles mesmos.
A función será o venres 9 de maio, ás 20:30 horas, no Auditorio Municipal Cine Alovi.
As entradas están á venda neste enlace.