Luz Airado presenta en Vilalba o seu poemario Instintos
O próximo venres 19 de novembro ás 19:00 horas na Casa da Cultura de Vilalba terá lugar a presentación do poemario Instintos, de Luz Airado (NPG Nova Poesía Guitirica).
Na presentación, ademáis da autora, intervirán a ilustradora Viki Rivadulla, habitual colaboradora da Nova Poesía Guitirica na creación das pezas do certame Vilarinhas e tamén da Lareira de soños co prémio Trapeiro de Honra ou a imaxe da restauración dos frescos dos Vilares. Tamén estará a autora do prólogo, a poeta da NPG Luz Campello, autora dos livros Do corazón da terra e O inventario do prohibido.
Luz Airado creou con Instintos un poemario de contidos moi vinculados ás orixes, á maternidade e ao feminismo, temáticas coincidentes coas da artista de Muxía Viki Rivadulla e á poeta de Labrada Luz Campello que a arroupan nesta aventura poética.
O acto será emitido tamén en directo polo facebook da NPG Nova Poesía Guitirica.
Instintos é unha iniciativa promovida pola NPG Nova Poesía Guitirica coa colaboración do Concello de Vilalba e a Secretaría Xeral de Política Lingüística e publicada por Edicións Medulia, que terá unha segunda novidade nas próximas semanas coa publicación de Argonauta de Moncho Bouzas coa colaboración do Concello de Muros, e a Secretaría Xeral de Política Lingüística.
A próxima semana sae editada tamén a antoloxía poética 21 recompilación dos 21 novísimos poetas galegos, nacidos despois do ano 2000 e entre os que que atopa a poeta da NPG Nova Poesía Guitirica Clara Blanco, que acadou este ano tres premios poéticos. 21 está editado por Edicións Da Aira e foi coordinado polo poeta Carlos da Aira.