Luz verde á adxudicación do cortinaxe da residencia de maiores de Meira
A Xunta de Goberno da Deputación deu luz verde á adxudicación do último lote pendente, o de cortinaxe, do contrato para o subministro de equipamento do Centro de Atención a Maiores de Meira. Foi adxudicado por 11.276 euros á empresa Rafitextil DTT 3.8, S.L. “Coa adxudicación deste lote, xa está contratado todo o equipamento da residencia de Meira, que ten un custe total de 220.000 euros”, sinalou o Presidente, quen lembrou que a previsión é abrir este centro neste verán.
Coa posta en marcha da residencia de Meira, a Deputación de Lugo sumará a Trabada, Pol, Ribadeo, A Fonsagrada, Castroverde e Pedrafita do Cebreiro, un novo servizo público que contará con 30 prazas de residencia, ampliables a 38 se fose preciso, e 20 de centro de día. Ao igual que nos restantes centros de xestión provincial, no acceso ás prazas terán preferencia os veciños e veciñas deste municipio; en segundo termo, persoas dos concellos limítrofes ou da comarca; e logo os veciños do resto da provincia.