M de Meira organiza o seu magosto anual o sábado

TerraChaXa
Agora que comeza o frío e o tempo de castañas os amigos de M de Meira volven facer o seu anual magosto.
44498962_2199477383710377_5896919251922452480_o
26 Out 2018

Agora que comeza o frío e o tempo de castañas os amigos de M de Meira volven facer o seu anual magosto. O sábado 27 de outubro terá lugar no barracón da feira do Concello de Meira a partir das 17:00 h M de Magosto, onde poderanse saborear castañas asadas acompañadas de música tradicional. Ademais ás 17:00 haberá un obradoiro de cociña, Aprender a cociñar e a comer saudable, e un contacontos ás 18:00, todo dirixido ao público infantil.

0.15538120269775