M de Meira prepara un outono cheo de actividades

TerraChaXa
Comezarán co ciclo de cine dos Premios Mestre Mateo
ciclo-cine-mestre-mateo-meira-o-corno
6 Out 2024

A Asociación cultural M de Meira ofrecerá aos veciños da localidade un outono cargado de actividades para que todos poidan desfrutar do que máis lles gusta.

Contarase, novamente, coa presenza do Ciclo cinema Ciclo Mestre Mateo, organizado pola Academia Galega do Audiovisual e a Deputación de Lugo. Comezará o domingo 13 de outubro coa proxección da película gañadora, O Corno.

A maiores, haberá iniciativas como o M de Magosto, que será o 1 de novembro e, o 2 do mesmo mes, a compañía Baixo da Area presenta a súa obra de teatro Poeta en Nueva York.

Continuando co teatro, en decembro ofreceranse dúas obras máis. A primeira é 21/3, do Grupo de Teatro Down, e presentarase o primeiro día do mes e o 28 será a quenda da compañía Produccións Excéntricas coa súa obra O autor do Castromil.

0.18850088119507