Mádia Leva organiza un roteiro por Friol como ritual do ano novo celta

TerraChaXa | LugoXa
O colectivo Mádia Leva celebrará o día 1 de novembro o Roteiro de Samaín, o día de todos os Santos, festa de benvida do ano celta
roteiro samain festa ano novo celta portada
27 Out 2022

O colectivo Mádia Leva celebrará o día 1 de novembro o Roteiro de Samaín. Conmemoran deste xeito o día de todos os Santos, que nas festas celtas era a festa de benvida do ano novo.

Tal e como veñen facendo outros anos, o colectivo organizará nesta data un roteiro polo concello. Este percorrerá Pena Bicuda e Santo Sartego en Ttarsmonte, a Fonte da Virxe do Ermo en Carlín e Pena Castrela en Narla.

Para asistir recomendan facer inscrición no correo madialeva.gz@gmail.com para organizar a viaxe en coche. A saída está prevista para as 11.00 horas dende o centro social e cada un deberá levar o seu xantar.

roteiro samain festa ano novo celta
0.18598484992981