Magosto e festa de Samaín, este sábado en Muimenta

TerraChaXa
A anpa A Granda xunto á asociación cultural Avelino Iglesia organiza este sábado, 5 de novembro, unha festa de Samaín e un magosto.
castana magosto outono 1
castana magosto outono 1
3 Nov 2022

A anpa A Granda de Muimenta xunto á asociación cultural Avelino Iglesia organiza este sábado, 5 de novembro, unha festa de Samaín e un magosto no pavillón Javier López Anllo.

Este terá lugar enttre as 4 e as 8 da tarde e contará cun monitor que se encargará dos nenos. Tamén haberá merenda de balde así como castañas, viño quente e chocolate para os asitentes.

Ademais está previsto o sorteo dun xamón e un concurso de cabazas ademais de contar con servizo de bar.

A organización anima a todos a acudir a esta celebración disfrazados.

castana magosto outono
0.18391513824463