Máis actividades do programa Catuxa no mes de abril

TerraChaXa | AMariñaXa
O programa Catuxa, promovido pola Mancomunidade da Mariña Lucense, inicia o mes de abril con máis actividades de sensibilización sobre a violencia de xénero e a igualdade entre mulleres e homes nos centros educativos.
MOO DUK KWAN
2 Abr 2019

O programa Catuxa, promovido pola Mancomunidade da Mariña Lucense, inicia o mes de abril con máis actividades de sensibilización sobre a violencia de xénero e a igualdade entre mulleres e homes nos centros educativos.
Neste próximo mes de abril, alumnos e alumnas de cinco IES da Mariña Lucense participarán nas actividades Catuxa.
En primeiro lugar, este luns 1 de abril, o alumnado de 3º e 4º da ESO do IES Marqués de Sargadelos participarán nun taller “Afectivo-sexual” e no taller de “Intelixencia emocional, social e habilidades persoais” respectivamente.
Ademais, ese mesmo día continuarase traballando cos e coas adolescentes a intelixencia emocional no IES Vilar Ponte do concello de Viveiro, para logo seguir en Mondoñedo e a finais de mes nos dous IES públicos do Concello de Burela.

0.1932590007782