Máis de 1.000 persoas na XXIV Festa da Bicicleta de Vilalba

TerraChaXa
A XXIV Festa da Bicicleta de Vilalba, organizada polo Centro Xuventude da Xunta de Galicia, reunía este martes 29 de agosto a máis de 1.
festa bici vilalba
29 Ago 2017

A XXIV Festa da Bicicleta de Vilalba, organizada polo Centro Xuventude da Xunta de Galicia, reunía este martes 29 de agosto a máis de 1.000 veciños e veciñas de todas as idades que participaron un ano máis neste arraigado evento con saída e chegada na praza da Constitución do municipio acompañados da directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez.

Cecilia Vázquez salientou o carácter senlleiro e interxeracional desta festa que “fomenta o deporte na rúa e a vida saudable, ademais de propiciar que a xente nova, os pequenos e os maiores compartan valores, actitudes, respecto e espírito de equipo”. Así mesmo, a directora xeral referiuse ao feito de que se trata dun evento solidario, xa que os participantes doan alimentos que son entregados ao banco de alimentos para a súa xestión.

0.1923131942749