Máis de 13.000 persoas visitaron xa o Belén de Begonte
O Belén de Begonte xa superou as 13.000 visitas desde o inicio do tempo de Nadal a comezos do presente mes e ata o día de Nadal, 25 de decembro. Neste tempo de funcionamento, os festivos e as vísperas máis dous venres que foi preciso abrir pola afluencia de visitantes. O total calculado de visitantes está en 13.125 persoas.
Concretamente, do venres, 22 ata o luns, 25, visitaron o Belén 3.950 persoas, sendo o venres, 23, o de maior afluencia con 1.500 persoas e nos últimos días rexistrouse unha ducia de visitas colectivas. Delas, varias foron da capital coruñesa; dúas de Lugo, unha da Milagrosa; e cadansúa de Oroso, Betanzos, Ordes… e unha dos alumnos do colexio de Begonte.
As persoas interesadas en visitar este tradicional e histórico Belén aínda poden facelo ata o vindeiro Día de Reis, xa que o Belén está aberto todos os días.