Máis de 3.000 persoas visitaron o belén de Begonte a primeira semana

TerraChaXa
O Belén de Begonte está funcionando con total normalidade, cunha asistencia fluída, e grupos de arredor de 25 persoas.
belen de begonte xunta
21 Dec 2021

Despois da súa apertura oficial o pasado 4 de decembro, o Belén de Begonte está funcionando sábados, domingos e festivos con total normalidade, cunha asistencia fluída, e grupos de arredor de 25 persoas, ademais de poder visualizalo a través de web. Na primeira semana acudiron un total de 3.687 persoas.

Na dirección www.reservas.belendegonte.es poden inscribirse os que pretendan visitalo, e tamén chamando ao teléfono 982.396121. No momento de acceder ao Belén terán preferencia os que teñan efectuado a reserva, admitíndose a continuación os que acudan sen ela, ata compoletar o aforo.

Durante os días 5 a 12, primeira semana de funcionamento do Belén, os asistentes foron arredor de 2.000, aos que hai que sumar os 1.687 que o contemplaron de xeito virtual a través da web www.belendebegonte.es. Destes asistentes virtuais, 915 contemplaron a versión en galego, 656 en castelán, e 116 en inglés.

Neste momento téñense rebasado ampliamente estas cifras xa que os últimos días acudiron alumnos de varios colexios de fóra da provincia, residentes no centro Albertia da terceira idade, e 75 alumnos do Colexio Cervantes de Lugo, que accederon en tres turnos ás instalacións do Belén.

0.19117999076843