Máis de 30 artesáns participarán esta fin de semana na Feira de Artesanía de Vilalba
O centro de Vilalba acollerá esta primeira fin de semana de maio a segunda edición da Feira de Artesanía, que contará coa participación de máis de 30 artesáns que mostrarán 25 disciplinas artesanais, entre as que figuran liño, lá, coiro, xoias, zocas, madeira, vidro, etc.
O obxectivo desta mostra é formativo. Contempla unha exposición das distintas disciplinas que se compaxinará con representacións en vivo a través de distintos talleres.
Esta mostra celebrase en dúas xornadas. O sábado abrirá as portas ás 11.00 horas e pechará ás 21.00 mentres que o domingo adiantarase a apertura e o peche unha hora.
Entre os obradoiro que se realizarán destacan o de obradoiro de zanfoñas de Xaneco, que ademais de realizar unha demostración de como se fan, dará unha charla divulgativa. Pola tarde Marcos Represas fará palletas para instrumentos de vento, compaxinado cunha charla sobre o estudo dos materiais utilizados nos instrumentos de vento, metodos de limpeza, etc.
O domingo pola mañana haberá un obradoiro de instrumentos de corda frotada a cargo de Xermán Arias e, por la tarde, obradoiro de afinación e empalletado de gaita galega con Bruno Villamor como ponente.
Todo esto compaxinarase coa particiapción dun escultor que fai figuras de madeira con motoserra e outros artistas.
O Concello presentará tamén este ano como movidade un obradoiro de acuñación de moedas. Faranse un total de 200 exemplares de moedas co escudo dos Andrade que se destinarán a coleccionistas.
Outra das novidades deste ano é a exposición A redención do home, de Raimundo Rubal, que traerá a Vilalba a súa obra, que xa está vendida en Portugal e que poderá verse na praza da Constitución. Trátase de catro figuras de gran tamaño que representan os catro pasos do viacrucis.
Esta mostra foi presentada no Concello polos concelleiros Cheri Grandío e Amador Guerra.