Máis de 300 persoas participaron no concurso de recitado poético 'Rosalía sempre viva'
TerraChaXa | LugoXa
Máis de 300 persoas (alumnado, docentes e familiares) déronse cita o sábado 10 de marzo, na Casa-Museo Manuel María para participaren na fase final do Concurso de recitado poético Rosalía sempre viva.
12 Mar 2018
Máis de 300 persoas (alumnado, docentes e familiares) déronse cita o sábado 10 de marzo, na Casa-Museo Manuel María para participaren na fase final do Concurso de recitado poético Rosalía sempre viva.
O alumnado participante, de entre os 6 e os 18 anos, desenvolveu un concurso competitivo e emocionante, acandando un nivel altísimo que puxo moi complicado o veredito do xurado formado pola poeta e profesora María Xosé Lamas, o actor e director teatral Anxo Manoel Lamelo e polo catedrático de instituto Eduardo Álvarez.
Os premiados segundo as categorías foron:
- 1ª categoría (1º, 2º e 3º de primaria): As alumnas e alumnos do CEIP Os Muíños de Moraime-Muxía, polo recitado do poema “O cuco” de Manuel María
- 2ª categoría (4º, 5º e 6º de primaria): Izan Pérez Asensio do CEIP Barrantes de Tomiño, polo recitado do poema “Teño un niño de tolos pensamentos” de Rosalía
- 3ª categoría (Educación Secundaria): Lucía Boullosa Álvarez do IES Francisco Asorey de Cambados, polo recitado do poema “Nascín cando as flores nascen” de Rosalía
- 4ª categoría (Bacharelato e Ciclos Formativos): Diego Alonso Pita do IES Lois Peña Novo de Vilalba, polo recitado do poema “Que pracidamente brila...” de Rosalía