Máis de cen altas nunha xornada volven baixar os casos activos na provincia

TerraChaXa | AMariñaXa
Máis de cen altas nunha xornada volven baixar os casos activos na provincia. Hai 47 casos menos e 62 contaxios novos
dictionary languages learning foreign
15 Nov 2020

A provincia de Lugo, trala subida de onte, volve a baixar o número de casos activos e de novos contaxios. Deste xeito, este domingo, con datos rexistrados coma sempre ata as seis da tarde do día anterior, hai 47 casos menos ata chegar aos 1.062 activos actuais. Esta baixada está respaldada con 114 altas e 62 contaxios novos. Así, xa son 4.186 as persoas que superaron a covid-19 no que vai dende marzo e 5.357 casos totais rexistrados no histórico.

A cifra de falecidos mantense nos 109.

Respecto á presión hospitalaria esta volve aumentar algo máis. Así, son 57 as persoas ingresadas, 6 máis que onte. Delas 6 están na UCI do Hula. Cinco dos ingresos novos foron para o Hula, que ten xa 32 na planta covid, mentres que en Mariña hai un máis e xa son 13 mentres que Monforte mantense con 6 ingresados.

Respecto ao mapa de alertas, Vilalba, Lugo e Chantada seguen en alerta vermella, aos que agora se suma Sarria, que estaba en laranxa.

No seguinte nivel están Guntín, Viveiro e Monforte mentres que en amarelo continúan Xove, Foz, Burela, Outeiro de Rei, Castroverde, O Corgo e Láncara. Entran tamén ao nivel 1 de alerta Ribadeo e Castro de Rei mentres Taboada volve á normalidade.

0.19596910476685